Voltaremos é a colaboración de varias persoas: Roberto Amor, Sara Freire e o equipo de Ensilabs (Eugenio Novás, Modesto González e Adrián Brañas).
Perante a crise provocada polo COVID-19, aproveitamos toda a nosa experencia para poñer unha ferramenta ao servizo dos negocios da nosa cidade e así botarlles unha man nesta situación tan complicada.
Dedicámonos á publicidade, á consultoría e á mellora dos nosos clientes a través de diferentes estratexias. Adoitamos darlle bastante aos miolos e decidimos xuntarnos para crear algo novo que puidese axudar aos negocios da nosa zona.
Pero isto só será posible coa túa axuda. Contamos contigo, porque máis tarde ou máis cedo…
#Voltaremos.