1# Como merco un plan?
Moi doado!
- Busca na sección de plans o lugar e o negocio co que queres colaborar mercando un ou varios dos seus plans.
- Cubre os datos que se solicitan, indica cantos plans desexas e pincha en “SOLICITAR PLANS”.
- Enviaráseche un email cos datos para que fagas unha transferencia bancaria á conta e titular correspondentes.
Será polo importe total e terás que copiar e pegar o concepto exacto que se indica no email. Lembra indicar o teu DNI. - Se no prazo de 72 h logo de facer a transferencia non tes novas, envíanos un email a voltaremos@voltaremos.com.
2# Cando poderei trocar o meu plan?
Tan axiña como pase o período de corentena, poderás trocalo. Só te terás que achegar ao negocio.
3# Como troco o meu plan?
Para poder gozar dos teus plans só tes que presentar o xustificante no negocio correspondente.
4# Podo devolver o meu plan?
Non, soamente en caso de que o negocio pechase. Consulta a política de compras e devolucións para máis info.
5# Os plans teñen data de caducidade?
Si, o negocio fixará unha data de caducidade que poderás ver na descrición do plan.
Se non está indicada esta data, será de máximo 6 meses.
6# Qué pasa se o negocio pecha a pesares da miña aportación?
Nese caso, tes o dereito a reclamar que negocio che reembolse a cantidade exacta correspondente
co(s) plan(s) adquirido(s) que non trocaras. Lembra que é un dereito, non unha obriga.