El Canalla
Onde? Avenida do Porto 30, Baixo – Sada (A Coruña).
Arrancamos o noso paso por esta plataforma solidaria co firme compromiso e coa fonda esperanza de volver. Agora que ese momento está cada vez máis cerca, debemos centrar os nosos esforzos no reencontro. Pero antes debemos dar as grazas a todas e cada unha das persoas que apostaron por nós a través desta canle.
A nosa xente deunos nestas últimas semanas un auténtico baño de cariño e confianza, pois como unha aperta recibimos cada unha das aportacións recibidas. Grazas, de corazón, por demostrarnos dun xeito tan xeneroso o voso compromiso, non só co noso bar, senón co tecido comercial da nosa vila. Da vosa man, todo o difícil será máis fácil.
Nada disto tería sido posible sen a extraordinaria profesionalidade do equipo creativo e técnico de Voltaremos. Xente boa coa necesidade de axudar sen pedir nada a cambio. Boa xente. Do mellor.
Achégase o momento de vervos. Non podemos aguantar. Coa vosa axuda, voltamos!
Fdo: El Canalla.