Política de privacidade

Informamos de que os datos persoais que nos facilite voluntariamente, a través dos distintos formularios da web, serán tratados por VOLTAREMOS, que cumpre coas medidas de seguridade esixidas na lexislación vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal. A finalidade do devandito tratamento é a descrita en cada un dos formularios establecidos na páxina web no que vostede nos facilitou os seus datos.

Os datos facilitados non serán cedidos a terceiros, agás nos casos en que exista unha obriga legal, e conservaranse durante o tempo necesario para atender a súa solicitude, a condición de que non nos indique o contrario exercendo o seu dereito de cancelación, ou durante o tempo necesario para cumprir coas obrigas legais.

VOLTAREMOS non elaborará ningún tipo de “perfil” a partir da información facilitada. Non se tomarán decisións automatizadas en base a perfís.

Así mesmo, VOLTAREMOS cancelará ou rectificará os datos cando resulten inexactos, incompletos ou deixasen de ser necesarios para a súa finalidade, de conformidade co previsto na lexislación vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal.

Mentres non nos comunique o contrario, entenderemos que os seus datos non foron modificados, que vostede se compromete a notificarnos calquera variación e que temos o consentimento para utilizalos, a fin de poder fidelizar a relación entre as partes.

O usuario poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación, supresión, oposición, limitación do tratamento, portabilidade de datos e a non ser obxecto de decisións individualizadas, automatizadas, en relación cos datos obxecto do tratamento, ante o responsable do tratamento na dirección anteriormente mencionada, ou por correo electrónico a voltaremos@voltaremos.com achegando copia do seu DNI ou documento equivalente, ou directamente ante o delegado de protección de datos. No caso de que non obtivese satisfacción no exercicio dos seus dereitos, pode presentar unha reclamación ante a Autoridade de Control en materia Protección de Datos competente, sendo esta a Axencia Española de Protección de Datos, cuxos datos de contacto están accesibles en https://sedeagpd.gob.es/sede- electronica-web/vistas/formNuevaReclamacion/reclamacion.jsf

VOLTAREMOS adopta as medidas técnicas, organizativas e de seguridade correspondentes segundo a normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal. Con todo, non asume ningunha responsabilidade polos danos e prexuízos derivados de alteracións que terceiros poidan causar nos sistemas informáticos, documentos electrónicos ou ficheiros do usuario.

De acordo co que establece a Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información e o Comercio Electrónico no seu artigo 21, solicitamos o seu consentimento para poder realizar comunicacións publicitarias que consideremos poidan ser do seu interese, por correo electrónico ou por calquera outro medio de comunicación electrónica equivalente.

Política de cookies

En cumprimento do Real Decreto Lei 13/2012, do 30 de marzo polo que se modifica a Lei de Servizos de Sociedade da Información, e relativo á utilización de cookies en páxinas webs; VOLTAREMOS informa de que este sitio web, www.voltaremos.com, utiliza cookies para poder medir e analizar o tráfico da web, para facilitar a súa experiencia como persoa usuaria e ofrecer un mellor servizo. Se o desexa, pode configurar o seu navegador para ser avisado en pantalla da recepción de cookies, ou ben para impedir a instalación das mesmas, tendo en conta que desta forma deixaría de ter acceso a certas funcións en Internet.

 

QUE SON AS COOKIES?

As cookies son pequenos arquivos que algunhas plataformas, como as páxinas web, poden instalar no teu ordenador, smartphone, tableta ou televisión conectada, ao acceder ás mesmas. Unha cookie almacénase nestes dispositivos para personalizar e facilitar ao máximo a navegación da persoa usuaria. As cookies asócianse unicamente a unha persoa usuaria e ao seu dispositivo, e non proporcionan referencias que permitan deducir datos persoais da mesma. A persoa usuaria poderá configurar o seu navegador para que notifique ou rexeite a instalación das cookies enviadas polo sitio web.

As cookies permiten que as páxinas web funcionen de forma máis áxil e adaptada ás preferencias da persoa usuaria. Por exemplo, almacenando a súa lingua ou a moeda do seu país. Ademais, axudan ás persoas responsables dos sitios web a mellorar os servizos que ofrecen, grazas á información estatística que recollen a través delas. Finalmente, serven para facer máis eficiente a publicidade que se mostra, grazas á cal poden ofrecerse servizos de forma gratuíta.

 

PARA QUE UTILIZA AS COOKIES ESTA PÁXINA WEB E CALES SON?

Esta páxina web utiliza as cookies para unha serie de finalidades, incluídas:

  • Publicidade: utilízanse este tipo de cookies para facer que a publicidade sexa máis atractiva para os usuarios e máis valiosa para os editores e anunciantes. As cookies adoitan utilizarse para seleccionar anuncios baseados no contido que é relevante para unha persoa usuaria.
  • Preferencias: estas cookies permiten que os nosos sitios web lembren información que cambia o aspecto ou o comportamento do sitio como, por exemplo, a túa lingua preferida ou a rexión na que te atopas. Por exemplo, ao lembrar a túa rexión, un sitio web pode proporcionarche noticias sobre o tráfico ou boletíns meteorolóxicos locais. Estas cookies tamén che permiten mudar o tamaño do texto, a fonte e outras partes das páxinas web que podes personalizar.
  • Análises: son aquelas cookies que ben, tratadas por nós ou por terceiros, nos permiten cuantificar o número de persoas usuarias e así realizar a medición e análise estatística da utilización que fan as persoas usuarias do servizo. Para eles analízase a súa navegación na nosa páxina web, co fin de mellorar a experiencia da persoa usuaria.
  • Técnicas: son aquelas cookies que permiten á persoa usuaria a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan.

O detalle das cookies utilizadas nesta páxina web é o seguinte:

 

COOKIE TIPO NOMBRE PROPÓSITO
Google Analytics De terceros _utma

_utmb

_utmc

_utmz

Recoller información sobre a navegación das persoas usuarias polo sitio co fin de coñecer a orixe das visitas e outros datos similares a nivel estatístico. Non obtén datos dos nomes ou apelidos das persoas usuarias nin da dirección postal concreta desde onde se conectan.

 

COMO DESACTIVAR OU ELIMINAR AS COOKIES?

Podes permitir, bloquear ou eliminar as cookies instaladas no teu equipo mediante a configuración das opcións propias do navegador instalado:

Política de compras e devolucións

TERMOS E CONDICIÓNS PARA VENDEDORES E COMPRADORES

Voltaremos é unha iniciativa sen carácter lucrativo para axudar ás pequenas empresas e negocios locais que, por mor da crise provocada polo COVID-19, teñen paralizada a súa actividade temporalmente en canto á venda dos seus produtos ou servizos. Polo tanto non cobrará ningún tipo de comisión aos negocios nin aos compradores polas compras/vendas dos plans ofertados no seu portal. Si que se cobrará unha pequena aportación de 4€ aos negocios que queiran publicitar os seus plans a través de www.voltaremos.com. Tratarase dun pago único cuxa fin será a de sufragar os custos do mantemento da plataforma online desenvolvida. No caso de que as aportacións superasen estes custos, todos os fondos recaudados a maiores serán doados para a compra de material sanitario a Unicef España.
Unha vez finalizada esta situación excepcional, presentarase un resumo dos ingresos e gastos, e igualmente un xustificante da doazón a Unicef como garantía da transparencia de Voltaremos.

É de obrigado cumplimento para todos os/as usuarios/as da plataforma a LOPDGDD, en cuestión do tratamento de todos os datos que este facilite ou que se lle faciliten para poder realizar as compras ou vendas dos plans ofertados no portal.
De igual xeito, os/as usuarios/as de www.voltaremos.com están obrigados a facer un uso responsable dos datos, imaxes, arquivos, etc., que se almacenan e comparten.

Ao aceptar estes termos e condicións, o/a usuario/a da plataforma acepta que Voltaremos queda exonerada de calquera responsabilidade polo mal uso da plataforma, por futuros impagos, futuras desavinzas entre as partes compradoras e vendedoras, polo mal funcionamento da plataforma, pola existencia de retrasos ou por calquera outro motivo técnico ou legal que teña que ver co intercambio económico por ámbalas dúas partes.
Lembrar que Voltaremos é unha mera plataforma intermediaria que pretende axudar ao negocios locais, facendo de escaparate e poñendo en contacto a calquera persoa cos/coas propietarios/as dos negocios, para que estes poidan resistir esta situación tan complicada que nos tocou vivir a todos e todas.

VOLTAREMOS roga que, dada a situación provacada polo COVID-19, sexamos comprensivos coas outras partes, na medida de que non poidan atender as consultas tan axiña como o farían nunha situación normal.

 

POLÍTICA PARA VENDEDORES

Os plans que oferten os vendedores neste portal serán válidos ata a data indicada en cada unha das descricións correspondentes de cada un deles ou, como máximo, durante 6 meses a contar desde o día en que o Goberno levante a confinamento e autorice o funcionamento normal da actividade. Se o negocio segue a funcionar a día de hoxe, este prazo cóntase a partires do día da conclusión xeral do estado de alarma.

Cando o vendedor/a envía a información a www.voltaremos.com, por calquera método, ben por correo electrónico, ben a través dos formularios facilitados no portal ou por outras canles, este/a acredita que toda a información facilitada é certa e veraz e que é o representante legal do negocio en cuestión.

Coa fin de recibir os pagos, o/a vendedor/a debe cumprir as seguintes condicións:

  • Estar autorizado polo persoal de Voltaremos.
  • Ser un/unha dos titulares da empresa, negocio ou ser o autónomo/a representante do negocio.
  • Ter unha conta bancaria do negocio nunha sucursal do territorio do Estado Español e operativa actualmente.
  • Ter enviado o certificado da conta bancaria a negocios@voltaremos.com.
  • Cubrir toda a información solicitada a través do formulario web.
  • Aceptar o aviso legal, política de privacidade, política de cookies e esta política de compras e devolucións.

Voltaremos é unha iniciativa sen carácter lucrativo para axudar aos negocios locais, polo tanto non cobrará ningún tipo de comisión aos negocios nin aos compradores polas compras dos plans ofertados no seu portal.

O vendedor/a acepta o pago dunha pequena aportación a Voltaremos de 4€. Este pago será efectuado facendo unha transferencia bancaria á conta indicada polo persoal de Voltaremos. Será un pago único que se efectuará antes de publicar o/s plan/s no portal e terá como finalidade sufragar os custos do mantemento da plataforma online desenvolvida. No caso de que as aportacións de todos os negocios superasen estes custos de mantemento, todos os fondos recaudados a maiores serán doados para a compra de material sanitario a Unicef España

Os/As vendedores/as, comprométense:

  • a cumprir a LOPDGDD en cuestión do tratamento de todos os datos facilitados por este/a ou que se lle faciliten para poder realizar as vendas dos plans.
  • a aceptar o aviso legal, política de privacidade, política de cookies e esta política de compras e devolucións.
  • a contactar con Voltaremos no caso de que ocorra calquera incidencia cos plans, co seu negocio, co funcionamento do proceso, da plataforma, etc.
  • a non facer ningún tipo de reclamación nin solicitar ningunha clase de compensación á plataforma online de Voltaremos por desavinzas cos compradores, polo mal funcionamento da plataforma, por retrasos nos pagos… ou por calquera outro motivo.
  • a cumprir con toda a legalidade vixente en canto a impostos, transaccións económicas e demais índoles que poidan afectar ás vendas.
  • a estipular un prezo para o/s seu/s plan/s, o cal debe incluír unha pequena oferta con respecto ao prezo orixinal.
  • a que o prezo indicado no portal será o total da oferta, incluíndo a base impoñible e os impostos.
  • cando reciba o pago na conta bancaria, a xerar un bono, vale, factura proforma ou outro documento a modo xustificante, válido para trocar no futuro polos servizos ou produtos pagados polo cliente. Dito documento incluirá os datos indicados no concepto da transferencia recibida: Nome, DNI e cantidade dos plans adquiridos.
  • nun prazo máximo de 48 horas, contados a partires da recepción da transferencia co importe do/s plan/s, a enviar o xustificante correspondente a negocios@voltaremos.com.
  • a estar pendente da recepción das transferencias das compras, para enviar os xustificantes dentro do prazo anteriormente indicado.
  • a trocar os plans dos compradores unha vez o Goberno levante o confinamento e durante o prazo máximo indicado ou nun prazo máximo de 6 meses a contar desde a normalización da situación. Dito plan incluirá todos os servizos ou produtos indicados no momento da compra por parte do cliente.
  • no caso de que por mor desta crise ou por outras razóns alleas o seu negocio se vexa na obriga de pechar ou cesar a actividade durante a vixencia dos plans que oferta, a reembolsar o prezo total de ditos plans non trocados ata o momento do seu peche ou cese da actividade.

 

POLÍTICA PARA COMPRADORES

Os plans que se ofertan no portal serán válidos ata a data indicada en cada unha das descricións correspondentes de cada un deles ou, como máximo, durante 6 meses a contar desde o día en que o Goberno levante a confinamento e autorice o funcionamento normal da actividade. Se o negocio segue a funcionar a día de hoxe, este prazo cóntase a partires do día da conclusión xeral do estado de alarma.

Os compradores/as aceptan estar ao tanto de que:

  • os importes totais dos plans irán destinados integramente aos negocios correspondentes, xa que Voltaremos non cobrará ningún tipo de comisión polas compras, nin aos compradores nin aos negocios.
  • os prezos dos plans levan aplicados un desconto “Voltaremos” por parte dos negocios.
  • non se permiten as devolucións nin reembolsos dos plans solicitados por ningún motivo, excepto no caso indicado no punto seguinte.
  • se por mor desta crise ou por outras razóns, o negocio ao que se lle mercou algún plan ou plans se ve na obriga de pechar, os/as compradores/as teñen o dereito, pero non a obriga, de solicitar o reembolso íntegro da cantidade aboada por aquel/es plan/s non trocados.

Ao utilizar este portal, os compradores/as comprométense:

  • a cumprir a LOPDGDD en cuestión do tratamento de todos os datos que este facilite ou que se lle faciliten para poder realizar as compras dos plans.
  • a aceptar o aviso legal, política de privacidade, política de cookies e esta política de compras e devolucións.
  • a non facer ningún tipo de reclamación nin solicitar ningunha clase de compensación á plataforma online de Voltaremos por desavinzas futuras cos negocios ou vendedores, pola delonga na recepción dos plans, polo mal funcionamento da plataforma… ou por calquera outro motivo.
  • a contactar con Voltaremos no caso de que ocorra calquera incidencia cos plans, co funcionamento do proceso, da plataforma, etc.
  • a seguir as instrucións que se facilitan por email no momento da reserva dos plans. Deberán facer unha transferencia á conta e titular indicados, polo importe total e co concepto exacto tamén indicado no email (copiar e pegar), sempre coa maior brevidade posible.
  • se no prazo de 72 horas a contar desde que se efectúe a transferencia bancaria non recibe o xustificante e o/s plan/s mercados, a poñerse en contacto con Voltaremos a través de voltaremos@voltaremos.com, para notificar a incidencia.