Voltaremos xurdiu para axudar aos teus negocios favoritos a superar a crise provocada polo COVID-19, mercando os seus produtos e servizos durante a corentena para consumilos unha vez que esta rematase.
Dado que actualmente xa poden abrir as súas portas, suspendemos a venda dos seus plans e a subida de novos negocios.
Queremos dar as grazas a todos os que participaron nesta iniciativa e agardamos telos axudado durante esta difícil situación.
Igualmente queremos agradecer a todas aquelas persoas que comprasen algún plan, que axudasen así aos seus negocios favoritos.
Desexámosvos a mellor das sortes a todas e todos!
A partires de agora, o espírito de Voltaremos sempre nos acompañará.
Moitas grazas!